Aberto prazo de inscrición no ciclo ‘Lecturas habitadas: Sesións de biblioterapia para mulleres’
A actividade, que ten como obxectivo espertar a capacidade creadora e o empoderamento feminino a través da lectura, terá lugar
A casa de pedra e cal vella
-solaina e ventanas prá serra-
feita fai cen anos á miña maneira!
A visita á Casa-Museo Uxío Novoneyra permite descubrir os espazos nos que o poeta concibiu e traballou na súa obra; cuartos, despacho, horta e tamén os castiñeiros centenarios do noso souto da Rubial.
Na Fundación Uxío Novoneyra desenvolvemos un traballo continuo de achega de fondos a través de programas europeos…
A residencia «Ameto Mítico» ten como obxectivo actualizar o legado da poesía trobadoresca galego-portuguesa…
Poesía, literatura e artes atópanse na base da Fundación Uxío Novoneyra. Desde elas activamos e apoiamos proxectos…
Outo bosco calado!
Fontiñas do corzo!
Carrozos picafondo!
Non hai outro templo máis vasto
nin outro credo
que este silencio…
O legado de Uxío Novoneyra vai máis alá da súa propia literatura, corazón e centro dun compromiso coa cultura e a humanidade que se estendeu ao longo da súa vida enteira.
Por medio dun estilo poético vangardista, vencellado coa contorna natural do Courel e coa lingua e o pobo que lle daban acubillo, Novoneyra fixo bandeira das causas xustas do mundo e erixiuse no espello que hoxe nos inspira
As palabras da Real Academia Galega no ano en que se lle adicou o Día das Letras Galegas (2010) son bo epítome da ampla extensión da súa figura: «excelente poeta, galeguista e profundamente democrático, enraizado co pobo e coa poesía popular».
E aínda
é nova a terra!
A actividade, que ten como obxectivo espertar a capacidade creadora e o empoderamento feminino a través da lectura, terá lugar
Na primeira xornada do Encontro ‘Cultura e Cidadanía’, que o Ministerio de Cultura celebra en Santiago de Compostela co obxectivo
Lecturas do Coidado é un proxecto innovador que entende a lectura como unha ferramenta fundamental para o coidado das